1.- Que é isto do "Código Bravú"?
Código Bravú é un selo a través do cal se pretende crear un movemento (iniciativa) coa finalidade de fomentar o desenvolvemento de aplicacións web creadas baixo código propio, así como resaltar e identificar aquelas xa existentes.
Mediante este selo pretendemos reivindicar que en Galicia tamén somos capaces de facer cousas por iniciativa propia, con orixinalidade, feitas por nós mesmos, de calidade e das cales sentirnos orgullosos.
Demostremos que en Galicia somos capaces de crear ferramentas iguais ou mellores ás que nos chegan dende fora.
2.- Que aplicación web podemos considerar merecedora de portar o selo "Código Bravú"?
Cremos que dous deberían ser os requisitos mínimos que se deberían dar nunha mesma aplicación web para que puidese portar o selo "Código Bravú":
- Webs nas cales o seu codigo sexa un 75% orixinal e de desenvolvemento propio ou ben webs baseadas en código xa feito de orixe galego.
- Deberá ser unha aplicación creada por unha entidade ou persoa/as de orixe galega ou ben ser unha aplicación orientada a usuarios galegos.
3.- Como saberemos que unha aplicación web cumpre os requisitos "Código Bravú"?
Aínda que ás veces non será doado comprobar o cumprimento dos devanditos requisitos gustaríanos, nesta posta en marcha do "Código Bravú" confiar na palabra das persoas encargadas do desenvolvemento daquelas aplicacións que queiran optar a portar o selo.
4.- As aplicacións web que opten a portar o selo "Código Bravú" deben estar redactadas integramente en galego?
Se a aplicación está redactada en galego moito mellor. De todos os xeitos a lingua na que estean redactadas as aplicacións non será un motivo excluínte pois salientamos unha vez máis que esta iniciativa o que pretende é fomentar o desenvolvemento de aplicacións web creadas baixo código "Feito en Galicia".
5.- Estou interesado en que a miña aplicación web porte o selo "Código Bravú", Que debo facer?
Ponte en contacto connosco a través da conta de correo codigobravu@cabozo.com
6.- Sei dunha web portadora do selo "Código Bravú" que non cumpre os requisitos mínimos esixidos e gustaríame comunicárvolo, como podo facer?
Envíanos unha mensaxe á conta de correo codigobravu@cabozo.com e nós poñerémonos en contacto co seu creador/es.
7.- Que ten que ver todo isto con Cabozo.com?
"Código Bravú" é unha idea dos creadores de Cabozo.com e, polo momento, a súa páxina web estará aloxada no mesmo servidor.
8.- Gustaríache colaborar dalgún modo con esta idea?
Ponte en contacto connosco a través da conta de correo codigobravu@cabozo.com
9.- Gustaríache axudar a difundir esta iniciativa no teu medio, blog, web...?
Ponte en contacto connosco a través da conta de correo codigobravu@cabozo.com
Todas aquelas aplicacións web que sexan merecedoras de portar o selo "Codigo Bravú! " recibirán un botón para incorporar nas devanditas aplicacións, a cal redirixirá os usuarios a esta páxina web. Ademáis todas elas serán publicitadas nesta web e crearase un acceso directo a estas.
Que se di de Código Bravú
Culturagalega.org: Cabozo crea Código Bravú, un selo para aplicacións web escritas en Galicia
Codigocero.com: Nace un selo para distinguir as aplicacións web desenvolvidas en Galicia
Chuzar.gl: Código Bravú
Twitter.com: Código Bravú